O BNG de Arteixo volverá levar a pleno a situación das liñas de alta tensión de Sol y Mar

solymar-torretasaltatension
O BNG esixe solución ás torres de alta tensión de Sol y Mar
O goberno do PP ten que comprometerse a traballar para comezar a eliminar a alta tensión do lugar.
O BNG de Arteixo volverá levar a pleno a situación das liñas de alta tensión de Sol y Mar

O BNG de Arteixo levará ao pleno de setembro do Concello de Arteixo o estado das liñas de alta tensión na urbanización Sol y Mar de Oseiro. Así se comprometeu o BNG nunha xuntanza que tivo coa plataforma de afectados. Os nacionalistas queren que o goberno do PP se comprometa a traballar para comezar a eliminar a alta tensión do lugar. 

Xa en abril de 2019 o BNG preguntou en pleno sobre esta situación para poder dicirlle á veciñanza o estado do proceso e a previsión de solución prometida polo PP sobre o traslado das liñas eléctricas. Porén, o goberno local respondeu con ambigüidade, escudándose en que o dono das liñas xa era outro, que cambiou a normativa sectorial que afecta ás liñas de alta tensión e que Industria lles mandaba facer un proxecto previo á modificación puntual para o traslado.

Neste 2021, o BNG presentou emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza para solicitar a eliminación da alta tensión.

A veciñanza convive desde máis de 20 anos con torres de alta tensión a menos de 10 metros, co perigo para a saúde que supón. A situación non parece preocuparlle ao goberno do PP de Arteixo, quen non solucionou aínda o problema e, ademais, mostra unha falta de transparencia con respecto ao tema.

Nesta noticia de 2019 podes ler unha breve cronoloxía da situación das liñas de alta tensión de Sol y Mar.

O BNG de Arteixo volverá levar a pleno a situación das liñas de alta tensión de Sol y Mar