O BNG de Arteixo solicita que se adopten medidas para a protección dos camiños públicos

pleno-28.02.19
Captura do vídeo do pleno do 28 de febreiro de 2019

O grupo municipal do BNG amosou a súa preocupación polo estado en que quedan moitos camiños públicos cando hai cortas de madeira.

O BNG de Arteixo solicita que se adopten medidas para a protección dos camiños públicos

Arteixo, 1 de marzo de 2019.- No pleno da sesión ordinaria celebrado onte xoves, 28 o grupo municipal do BNG amosou a súa preocupación polo estado en que quedan moitos camiños públicos cando hai cortas de madeira sen que unha vez rematada se solucione o problema ocasionado.


O BNG solicitou saber cantas autorizacións houbo desde o ano 2018, a canto ascendeu a fianza que tiveron que depositar e se o Concello solicitou a algunha das empresas que asumira os custes dos danos “máis aló de dar datos de quen daba ou non autorizacións non se mencionou por parte do goberno local que se  lle pedise a ninguén que correse cos gastos dos arranxos” sinalou Silvia Seixas.


“Este goberno non debe considerar  primordial  velar pola debida conservación dos camiños e vías públicas municipais, en relación cos danos que poden sufrir os mesmos, como consecuencia das operacións de saca de madeira, comprendéndose dentro desta tanto as operacións preparatorias da corta da madeira como as posteriores. A contestación demostra que non se está facendo ningunha labor de control e son moitas as veciñas e veciños que protestan por estas situación” sinalaron desde o grupo municipal do BNG.


Para o grupo municipal do BNG   tamén  resulta prioritario o interese en protexer as persoas, vivendas e outras edificacións nos supostos de incendios forestais e por iso tamén é preciso ter estes viais en perfecto estado xa que en moitos casos dan acceso a zonas forestais”.


Segundo a contestación do alcalde o departamento de medio ambiente que preside o señor Merelas( quen por certo non participou do debate en ningún momento a pesares de se concelleiro con dedicación exclusiva) vai redactar unha ordenanza “ pensamos que foi para quedar ben dicir que van facer mais a día de hoxe non houbo nin unha soa mostra de preocupación por esta cuestión e vai sendo moita hora que se adopten medidas contundentes ao respecto” dixo a portavoz do BNG.
 

O BNG de Arteixo solicita que se adopten medidas para a protección dos camiños públicos