O BNG de Arteixo rende homenaxe a Xela Arias nestas Letras Galegas 2021
Poema "Monólogo adicto", do libro "Denuncia do equilibrio" (1986)
13 maio 2021 - 11:04
“Denuncia do equilibrio”, publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Nel, Xela Arias cuestiona a orde establecida e transmite o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor.
Desde o BNG de Arteixo queremos render homenaxe á poeta nestas Letras Galegas 2021 recitando o poema “Monólogo adicto”, extraído do dito poemario.
Feliz día das Letras Galegas! Hoxe e sempre, queremos galego!