O BNG LAMENTA QUE NIN CON GOBERNO DO PSOE NIN CON GOBERNOS DO PP SE ATENDESE NUNCA ESTA DEMANDA QUE LEVAN “VENDENDO” DE XEITO ELECTORALISTA DESDE 2011 MAIS A REALIDADE É QUE A DÍA DE HOXE NADA DE NADA.

O BNG DE ARTEIXO PRESENTOU INICIATIVAS PARA QUE SE RECOLLAN NOS ORZAMENTOS DO ESTADO COMO A PARTIDA PARA A CONSTRUCCIÓN DA CIRCUNVALACIÓN DE MEICENDE.

Arteixo, 28 de outubro de 2022.- O BNG voltará solicitar a dotación de 7.500.000 euros para esta obra viaria. En 2015 consignáronse nos orzamentos do Estado pouco máis de 3 millóns de euros para a obra que finalizaría en 2016, que permitiría evitar o tráfico pesado e de mercadorías perigosas ( gas, butano, propano...) por Meicende. O BNG solicita a execución da obra para achegar seguridade á veciñanza.

Desde o ano 2007 tanto a veciñanza como o BNG reclaman unha solución que evite o alto tráfico de camións con mercadorías perigosas polo núcleo de Meicende o que supón un problema de seguridade e de saúde importante. Coa construción do vial que vai ao Porto Exterior abriuse a posibilidade de poder facer unha alternativa que beneficiase tamén á veciñanza de Pastoriza xa que permitiría a conexión tanto en dirección A Coruña como Arteixo e facer unha conexión directa coa industria da contorna evitando así tanta densidade de tráfico pesado.

A AC- 415 atravesa o núcleo de Meicende e Pastoriza ten unha densidade de tráfico elevadísima “ desde o ano 2011 levan tanto PSOE como PP mentíndolle á veciñanza deste concello, prometendo, dicindo que o van mirar, cada vez que hai eleccións promesa , mais a realidade é que a día de hoxe nada de nada “ indican desde o BNG

Desde o BNG de Arteixo indican ademais que a reclamación non vai ser só presentar a emenda que se acompañará doutras iniciativas nas vindeiras semanas para premer tanto ao goberno da Xunta coma o do Estado a atender as reclamacións de veciñas e veciños de parroquia de Pastoriza.

O BNG DE ARTEIXO PRESENTOU INICIATIVAS PARA QUE SE RECOLLAN NOS ORZAMENTOS DO ESTADO COMO A PARTIDA PARA A CONSTRUCCIÓN DA CIRCUNVALACIÓN DE MEICENDE.
undefined
undefined
O BNG DE ARTEIXO PRESENTOU INICIATIVAS PARA QUE SE RECOLLAN NOS ORZAMENTOS DO ESTADO COMO A PARTIDA PARA A CONSTRUCCIÓN DA CIRCUNVALACIÓN DE MEICENDE.