O BNG de Arteixo presenta o primeiro tramo da candidatura o venres 12 de abril
09 abr. 2019 - 17:29
O BNG de Arteixo presenta este venres 12 de abril o primeiro tramo da candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio. Será ás 20h no Auditorio do Centro de Novas Tecnoloxías (Avenida Arsenio Iglesias, 46, Arteixo).
No acto público intervirán:
- Xurxo Couto, candidato á alcaldía do BNG Arteixo
- Silvia Seixas, portavoz do grupo municipal do BNG en Arteixo
- Néstor Rego, candidato número 1 ao Congreso polo BNG
- María Xosé Bravo, candidata número 2 ao Congreso polo BNG
A presentación tamén será un acto público das eleccións xerais, ao contar cos candidatos ao Congreso polo BNG no día de comezo da campaña electoral das eleccións do 28 de abril.