O BNG de Arteixo levou a pleno unha moción para apoiar o feminismo galego con motivo do 8 M

O BNG levou a pleno unha moción relativa ao 8-M
O BNG levou a pleno unha moción relativa ao 8-M
O Día Internacional da Muller cómpre recoñecer o traballo do feminismo galego. 
O BNG de Arteixo levou a pleno unha moción para apoiar o feminismo galego con motivo do 8 M

O vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cómpre recoñecer o traballo do feminismo galego que se manifesta este ano baixo o lema “Sen coidados non hai vida. Mudando o sistema, derrubando o patriarcado”. Tamén debemos contribuír desde o noso propio Concello a combater a precarización de servizos de coidados ocupados maioritariamente por mulleres e dar visibilidade á contribución que supón no noso sistema económico e social o traballo “invisible” dos coidados.

O BNG de Arteixo solicitou no pleno da corporación do pasado 27 de febreiro de 2020 a adopción dun acordo coas seguintes medidas:

  • Recoñecer e apoiar as convocatorias do feminismo galego, que este 2020 coloca no centro de debate as consecuencias para as mulleres galegas de traballar de forma precaria e incluso gratuíta no ámbito dos coidados.
  • Demandar á Xunta de Galiza o compromiso coa realización de estudos sobre o valor social e económico do traballo no fogar e do coidado.
  • Demandar á Xunta de Galiza a asunción dos programas relativos á Dependencia para garantir a súa prestación universal e en igualdade para todas as persoas usuarias, sen que iso dependa do Concello de residencia.

Con motivo do 8-M, no pleno ordinario de febreiro o PP presentou a súa propia moción. Con respecto a esta, desde o BNG indicamos que, aínda estando de acordo coa exposición e cos dous obxectivos referidos a políticas e leis para a igualdade e o empoderamento e uso e acceso ás tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), entendemos que era fundamental o incremento dos orzamentos para acadar estes obxectivos e outros de vital importancia como a loita contra a violencia de xénero.

Desde o BNG comentamos a moi pequeña representación da muller en carreiras CTEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e a necesidade da visión e capacidades femininas nas TIC. Votamos a favor desta moción tras aceptar a nosa petición de incluír un cuarto punto que dixera: “Instar ás tres administración a que incrementen os seus orzamentos en contía e eficiencia suficientes para paliar na medida do posible os problemas de igualdade e violencia de xénero.

Polo contrario, desde o BNG votamos en contra da Declaración Institucional presentada pola FEMP relativa ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Cremos que xa está ben de xestos baleiros e de poñer un lazo violeta para despois contribuír a empeorar as condicións de vida das mulleres. A igualdade e a loita contra a violencia de xénero require de feitos e non de colgarse medallas políticas mentres a situación continúa igual.

Desde o BNG lembramos que hai que poñer no centro do debate os coidados, elemento incorporado nas folgas, e visibilizar que sen o traballo non remunerado que desenvolven as mulleres este sistema económico e político non podería seguir xirando. Por iso, fixemos especial fincapé na precarización dos servizos públicos e na visibilización do traballo no fogar.

 

 

O BNG de Arteixo levou a pleno unha moción para apoiar o feminismo galego con motivo do 8 M