O BNG de Arteixo dotará de recursos os Servizos Sociais e creará unha oficina de atención de trámites para as persoas maiores

ARTEIXO-BENESTAR
O BNG de Arteixo persegue o benestar da veciñanza, tanto de maiores como mocidade.
O BNG de Arteixo dotará de recursos os Servizos Sociais e creará unha oficina de atención de trámites para as persoas maiores

Nas medidas do apartado "Un Arteixo para o Benestar comunitario" inclúese a mellora en servizos sociais, a integración social e programas especiais para a mocidade e as persoas maiores.

Servizos Sociais

  • Reestruturaremos e descentralizaremos a Concellaría e será dotada de medios humanos e recursos. Traballaremos pola estabilización laboral do persoal.
  •  Faremos de xestión pública o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), hoxe de xestión privada.
  • Activaremos un servizo de atención a trámites electrónicos.

Integración e inclusión social

  • Porase en funcionamento un centro ocupacional para persoas con diversidade funcional.
  • Construiremos un Arteixo libre de barreiras, xa sexan físicas, cognitivas ou sensoriais.
  • Activaremos unha liñas de axudas para adaptación de vivendas e vehículos a persoas con diversidade funcional ou dependencia.
  • Estudaremos a construción dunha pequena comunidade mixta como proxecto modelo para persoas con deterioración neurodexenerativa e cognitiva.

Atención á xente de idade

  • Crearase unha oficina para a xente idosa para lle facilitar axuda nos trámites administrativos e para dar conta das necesidades das persoas de idade. Pensamos que os servizos sociais teñen de servir tamén para manteren a xente idosa en contacto coa sociedade en que vive.
  •  Haberá programa de atención a soidade con medidas efectivas e coordinadas.

Atención á mocidade

  • Habilitaremos un Programa de Bolsas para o estudo secundario, universitario e formación profesional. Nestas bolsas tamén poderán entrar proxectos de especialización, exportación e innovación da economía local.
  • Farase un Programa de prevención de adiccións con substancias na populación  adolescente (alcool, drogas, ludopatías etc.).
  • Apoiaremos de maneira económica e promocional a mocidade que desenvolve actividades artísticas con programas específicos (música, teatro, cinema, pintura, baile, escultura etc.).

Pódese descargar o programa electoral do BNG de Arteixo para as vindeiras eleccións do 26 de maio nesta ligazón.

 

O BNG de Arteixo dotará de recursos os Servizos Sociais e creará unha oficina de atención de trámites para as persoas maiores