O BNG de Arteixo denuncia a falta de limpeza nas Eiras
O BNG solicita ao Concello que realice labores de limpeza para mellorar a calidade de vida da veciñanza.
21 abr. 2021 - 18:59
O BNG preguntou no pleno de febreiro sobre o estado das obras das Eiras de Meicende e a inundacións das casas. Na xunta de portavoces que tivo lugar este mércores 21 de abril, o alcalde de Arteixo díxolle ao BNG que todo o que podía facer o Concello xa estaba feito: asfaltado, retirada de postes no medio da rúa e instalación da estación de bombeo, coa que se espera solucionar o problema das inundacións.
Non obstante, o BNG volve denunciar a falta de limpeza nas Eiras pois, como se pode ver nestas imaxes actuais, o lixo desborda as estradas e rúas. Por iso, solicita ao Concello que tome medidas e realice labores de limpeza para mellorar a calidade de vida da veciñanza do lugar.