O BNG de Arteixo creará un Padroado Municipal de Deportes para mellorar as actividades e instalacións deportivas

DEPORTE
Fomentaranse os deportes marítimos
O BNG de Arteixo creará un Padroado Municipal de Deportes para mellorar as actividades e instalacións deportivas

Estas son as medidas no eido deportivo.

  • Porase en funcionamento unha instalación de atletismo onde se poidan practicar as diversas especialidades.
  •  Actividades a cuberto:

- Mellorar a organización diaria de actividades.

- Facer as reformas necesarias nas instalacións para eventos importantes que hoxe en día é difícil celebrar.

- Atenderase a facer reformas en instalacións para poder facer actividades deportivas (como por exemplo Freán).

  • Actividades ao ar libre: Habilitaremos a zona da Penouqueira e encoro de Sabón para actividades e competicións.
  • Prestaremos atención aos deportes marítimos, para o cal concibiremos Arteixo como organizador de actividades e eventos neste tipo de deportes. Traballaremos por unha utilización responsábel de praias e encoros.
  • Crearemos un Padroado Municipal de Deportes. Xestionaremos de maneira pública a piscina da zona norte do Concello e estudaremos as alternativas legais para ratar de rescatar a municipal de Arteixo.

Pódese descargar o programa electoral do BNG de Arteixo para as vindeiras eleccións do 26 de maio nesta ligazón.

 

 

 

O BNG de Arteixo creará un Padroado Municipal de Deportes para mellorar as actividades e instalacións deportivas