O BNG continúa neste 2022 cos encontros parroquiais por Arteixo
As próximas citas serán no Rañal (17 xaneiro), Pastoriza (2 de febreiro) e Oseiro (8 de febreiro).
13 xan. 2022 - 13:25
O BNG de Arteixo comezou o pasado mes de novembro a celebrar diversos encontros parroquiais por Arteixo. Trátase de reunión abertas coa veciñanza de cada lugar para coñecer de primeira man as súas inquedanzas, compartir solicitudes de mellora e reflexionar sobre as necesidades de todos.
Tralas visitas a Rañobre e Rorís, este mes de xaneiro de 2022 os nacionalistas retoman estas xuntanzas polo municipio. Os póximos encontros son:
Luns 17 de xaneiro (20h), na Aula Móbil do Rañal
Mércores 2 de febreiro (20h), no Centro Multiusos da Pastoriza
Martes 8 de febreiro (20h), no Centro Social de Oseiro (rúa San Tirso)