O BNG de Arteixo comeza cos encontros parroquiais este novembro

Encontros parroquiais do BNG
Encontros parroquiais do BNG
As primeiras citas serán o 18 de novembro en Rañobre e o 23 de novembro en Rorís (Armentón)
O BNG de Arteixo comeza cos encontros parroquiais este novembro

O BNG de Arteixo comeza neste novembro a celebrar diversos encontros parroquiais por Arteixo. Este mes os nacionalistas visitan a veciñanza de Rañobre e Rorís, mais nos vindeiros meses terán lugar reunións abertas en máis parroquias.

Trátase de reunión abertas coa veciñanza de cada lugar para coñecer de primeira man as súas inquedanzas, compartir solicitudes de mellora e reflexionar sobre as necesidades de todos. 

Primeiros encontros:

Xoves 18 de novembro, ás 20h, no local social de Rañobre

Martes 23 de novembro, ás 20h, no local social de Rorís (Armentón)

O BNG de Arteixo comeza cos encontros parroquiais este novembro