O BNG de Arteixo atenderá as consultas da veciñanza sobre os recibos da auga
O martes 18 de maio, de 18h a 20h, o BNG aclarará dúbidas no local de Arteixo.
O BNG de Arteixo atenderá as consultas da veciñanza sobre os recibos de auga e saneamento o vindeiro martes 18 de maio, de 18 h a 20 h, no local do grupo municipal en rúa Médico Amenedo Casavella, 14, baixo. En caso de non poder achegarse, as persoas que o desexen poden facer as consultas no whatsapp 627 981 312.
En Arteixo volve haber problemas co tema dos recibos. Acaba de chegar o primeiro trimestre de 2021, que se corresponde cos meses de comezos de outubro ata comezos de xaneiro. O prazo para pagar é o da publicación no BOP, día 3 de maio, ata o 8 de xuño. Este foi o calendario que se aprobou no pleno para tratar de regularizar o despropósito existente cos recibos, que o BNG vén denunciando desde 2018.
O BNG de Arteixo recibiu queixas de veciños e veciñas enfadados, tamén protestando polo incremento que se produciron nalgúns casos nos recibos. O BNG aconsella comprobar as datas e os metros cúbicos, así como revisar os recibos anteriores. Se non se atopan, pódense pedir ao departamento de augas do Concello.