O BNG de Arteixo aposta por un goberno e orzamentos participativos
11 maio 2019 - 21:56
O apartado "Un Arteixo aberto" inclúe medidas para facer de Arteixo un Concello transparente. Esta é unha materia pendente, posto que o goberno do PP liderado por Calvelo continúa incumprindo a lei de transparencia.
Transparencia e información
- Traballaremos para uns medios de comunicación públicos:
- Recuperaremos a radio local municipal, adaptada aos novos tempos. Será un medio aberto, colaborativo e participativo.
- Promocionaranse as redes sociais como medio de comunicación bidireccional e instantáneo co vecindario.
- Manteresa unha páxina web municipal informativa, transparente, viva, interactiva e accesíbel.
- Modificaremos os horarios dos plenos para garantir a asistencia do público en xeral.
- Os plenos serán retransmitidos en directo.
- Informaremos, tal e como marca a lexislación vixente, de toda a actividade municipal, de aspectos económicos, orzamentos, contratos, axudas e subvencións, ben como axendas do goberno e da oposición.
- Revisaranse os pregos de contratación para que as empresas que xestionen servizos ou programas municipais teñan de facer as novas contratacións con criterios de publicidade, igualdade e mérito.
- Incluiranse nos pregos cláusulas de contratación para as pequenas e medianas empresas locais poderen concorrer en igualdade de condicións que as grandes empresas.
Participación cidadá
- Promocionaremos a participación do tecido asociativo e da cidadanía en xeral; para iso aprobarase un novo regulamento de participación cidadá.
- Construiremos un goberno participativo, cuns orzamentos igualmente participativos. Unha casa do concello aberto en que haxa coñecemento ao día dos asuntos que se tratan e dos acordos en todos os medios dispoñíbeis.
- Realizaranse xuntanzas periódicas nas parroquias para daren conta da xestión municipal e tamén para recolleren suxestións.
- Crearemos o servizo de Open Data no Concello que permita acceder a un catálogo de datos que facilite que institucións públicas, investigadores/as, empresas etc. poidan aproveitalos en beneficio do interese común.
Pódese descargar o programa electoral do BNG de Arteixo para as vindeiras eleccións do 26 de maio nesta ligazón.