O BNG de Arteixo apoia a concentración das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar
O BNG de Arteixo mostra o seu apoio ás persoas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no seu rexeitamento do proxecto do goberno do PP de Arteixo de dividir en tres lotes o novo contrato do servizo. A concentración será este sábado, 17 de abril, ás 11h na rúa peonil da Avenida do Balneario.
Os nacionalistas xa o expuxeron no pleno do Concello o seu rexeitamento e mostrou a súa incredulidade ante a división do Servizo de Axuda no Fogar en tres lotes, podendo concurrir as empresas a só un deses lotes. O BNG de Arteixo cre que se o aumento da partida nos orzamento de 310.000 euros (pois pasa dos 1.190.000 euros en 2020 a 1.500.000 euros neste 2021) non servirá para dar mellor servizo, senón que é unha subida a repartir entre tres empresas. Ademais, dun maior gasto, precarizará ás traballadoras e aumentará a desigualdade entre elas, pois non se lles garantizarán as mesmas condicións laborais en tanto se dividirán entre as tres empresas.
O BNG de Arteixo entende que o aumento que se deu no orzamento de 310.000 euros non atende á mellora do servizo e si a unha división do servizo nas tres empresas que gañen o concurso. Polo tanto, é un incremento que atende a criterios empresariais máis cá criterios de mellora na calidade da axuda na prestación do servizo social.
Os nacionalistas levan anos pedindo que o SAF sexa un servizo completamente municipal e público, co obxectivo de ofrece un servizo de maior calidade á veciñanza de Arteixo. As empresas, dentro do seu funcionamento, atenden aos beneficios económicos. Un exemplo foi que a empresa do SAF en Arteixo realizou un ERTE falso durante a pandemia a costas do Concello e este, que debería atender á veciñanza, mirou para outro lado. O publico é servizo, o privado beneficio. “Poderiamos entender esta división do servizo en grandes cidades pero non podemos entender que este servizo se divida en Arteixo, dividindo tamén aos veciños e veciñas das distintas parroquias”, explica Xurxo Couto, portavoz do BNG en Arteixo.