O BNG de Arteixo anima á hostalaría e ás axencias de viaxe a solicitar as axudas da Deputación

Poderán solicitar as axudas a hostalaría e axencias de viaxes da provincia da Coruña afectadas pola crise do coronavirus.
Poderán solicitar as axudas a hostalaría e axencias de viaxes da provincia da Coruña afectadas pola crise do coronavirus.

A Deputación pon en marcha o Programa Específico de Apoio á Hostalaría e Axencias de Viaxes, enmarcada no Plan de Emprego Local do ente provincial.

O BNG de Arteixo anima á hostalaría e ás axencias de viaxe a solicitar as axudas da Deputación

O BNG de Arteixo cre fundamental calquera acción das administracións que axuden a paliar a crise do coronavirus que afecta a empresas e persoas traballadoras. De feito, desde o grupo municipal do BNG todas as medidas que se levaron ao pleno de Arteixo para axudar a paliar a crise no noso concello. E así se seguirá facendo, pois calquera medida vai resultar pequena para superar esta crise sanitaria, social, económica e laboral.

Ademais, o contexto actual, que continúa cunha evolución negativa da covid-19, pon de manifesto que a superación da pandemia e da crise aínda queda lonxe. Ante as fortes medidas restritivas sobre as diferentes actividades económicas, sociais e culturais que estamos a vivir, resulta fundamental poñer en marcha iniciativas públicas que axuden a diminuír os efectos económicos e sociais adversos desta grave crise. As administración deben estar ao carón das persoas traballadoras e do tecido empresarial, composto na súa maioría por microempresas e por persoas traballadoras autónomas.

Nesta liña, a Deputación da Coruña quere dar un paso máis e apoiar ás persoas traballadoras autónomas e microempresas dos sectores máis afectados pola crise no ámbito da provincia, como son a hostalaría e o das axencias de viaxes. Así, a Deputación pon en marcha o Programa Específico de Apoio á Hostalaría e Axencias de Viaxes, enmarcada no Plan de Emprego Local do ente provincial.

Se tes unha empresa de hostalaría ou unha axencia de viaxes en Arteixo, o BNG anímate a solicitar as axudas. Consulta as Bases reguladoras de PEL-Reactiva: programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxe, do Plan de emprego local. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 3 de maio de 2021 ás 8.00 horas.

 

O BNG de Arteixo anima á hostalaría e ás axencias de viaxe a solicitar as axudas da Deputación