O BNG de Arteixo alerta sobre o descontrol no cobro da taxa da auga e do lixo
O BNG leva chamando a atención sobre esta cuestión desde 2018, cando comezou a detectar certo desfase.
Desde o BNG de Arteixo volven chamar a atención sobre o descontrol que hai no Concello de Arteixo co cobro dos recibos da auga, saneamento e lixo, que vén dándose desde o ano 2018.
Numerosas veciñas e veciños amosaron o se descontento polo descontrol existente co pagamento destas taxas e que impiden levar un control apropiado dos pagos realizados.
Nestes días debería estarse publicando o último trimestre do ano 2020 mais aínda acaban de pasar agora o terceiro trimestre do ano, que se publicou no BOP o 21 de decembro e que corresponde cos meses desde o 14 de abril ata o 14 de xullo nos recibos de Arteixo mentres que no caso de recibos de Meicende é do 15 de maio até o 12 de agosto. Así, o trimestre non se corresponde en todo o Concello de Arteixo cos mesmos meses, algo que non parece moi lóxico.
Máis aló de que haxa certo retraso, o que xa non é normal é que o 21 de outubro se publicara o 2º trimestre. Isto é, non pasaron os tres meses dos que fala a ordenanza fiscal do Concello de Arteixo no seu artigo 8 onde di literalmente “que a taxa se liquidará trimestralmente”. Está claro que a xente que ten os recibos domiciliados o que está facendo e pagar cando lle cadra sen que haxa ese período trimestral de liquidación. Por outro lado, o Concello non está respectando o período de 15 días de exposición pública do padrón e tampouco está informando de ningún retraso o problemas no cobro.
Desde o BNG queremos salientar que non só está ocorrendo co recibo da auga, senón tamén coa taxa do lixo, do que aínda se acaba de pagar o 2º semestre de 2019 que foi publicado en agosto de 2020. Por tanto, durante o 2020 pagouse a taxa de 2019.
O BNG leva alertando desta situación desde o ano 2018. Nese momento o Concello xustificou que se trataba dun problema informático, mais agora esa xa non pode ser a xustificación. O que existe é un total descontrol organizativo por parte do goberno local do PP que fixo que nos últimos meses as veciñas e veciños de Arteixo se encontraran cun lote de recibos xuntos para pagar cando debería estar repartido ao longo do ano.
Finlamente, o BNG tamén alerta diferenzas nos ingresos pola taxa de auga e saneamento a pesares do incremento dos recibos e que non responde a ningún patrón concreto máis aló da situación particular do segundo trimestre de 2020 por mor da pandemia. Desde o grupo dos nacionalistas consideramos necesario saber a que responden esas modificacións.
Guía para non perderse co cobro dos recibos
Táboa relativa aos recibidos da auga
Táboa relativa aos recibidos do lixo