O Arteixo que precisamos: o BNG anima á participación cidadá para mellorar a vila

arteixo que precisamos twitter
O Arteixo que precisamos - BNG
O Arteixo que precisamos: o BNG anima á participación cidadá para mellorar a vila

Unha das ideas claras do BNG de Arteixo é dar valor á participación cidadá. Os arteixáns e arteixás precisan propoñer, opinar e decidir a vila que queren, tanto en período electoral como durante o mandato. 

Tendo en conta este principio de participación, desde o BNG de Arteixo queremos comezar lendo as túas necesidades, preocupacións, ideas e suxestións. Para iso, habilitamos un formulario onde podes deixar o teu comentario. No formulario non se piden datos de contacto ou persoais, só idade, sexo e parroquia para entender mellor as vosas peticións. 

Valoraremos as túas achegas e, se respectan a nosa política, poderemos incluílas no programa electoral das municipais do vindeiro 26 de maio de 2019.

Que Arteixo precisamos? Cubre este formulario. Estamos desexando lerte e facer un mellor Arteixo entre todas e todos.

O Arteixo que precisamos: o BNG anima á participación cidadá para mellorar a vila