Arteixo aproba por unanimidade a moción do BNG sobre a promoción do autoconsumo eléctrico

Pleno xullo 2021
Pleno xullo 2021
O Concello de Arteixo elaborará un "Plan Municipal de Fomento do Autoconsumo Fotovoltaico" grazas á moción do BNG.
Arteixo aproba por unanimidade a moción do BNG sobre a promoción do autoconsumo eléctrico

O BNG de Arteixo levou ao pleno de xullo unha moción do BNG sobre a promoción do autoconsumo eléctrico, que foi aprobada por unanimidade no pleno. Isto significa que o Concello de Arteixo elaborará un "Plan Municipal de Fomento do Autoconsumo Fotovoltaico" baseado sobre catro alicerces:

1. Implantación de enerxías renovables en instalacións municipais.

2. Bonificacións fiscais nos impostos locais e facilidades nas tramitacións.

3. Establecemento de bonificacións fiscais nos impostos municipais relacionados coa súa instalación e funcionamento particular (IBI, ICIO, IAE), así como a simplificación dos trámites administrativos para a súa implantación.

4. Implementación de sistemas de autoconsumo fotovoltaico en todas as instalacións municipais.

A outra moción do BNG presentada, que instaba a Xunta a que levara ao Parlamento unha Lei constitutiva da Área Metropolitana da Coruña, foi rexeitada polo PP co argumento de que non a podían votar a favor sen saber quen ía constituír a citada Área, manifestando ao tempo que si estaban a favor da Área.

Outro punto importante foi a aprobación inicial da relación de postos de traballo (RPT) na que o BNG se abstivo. O documento foi entregado cando faltaba só unha semana para o pleno. No documento hai moitas incoherencias, erros, cuestións inexplicables e un desequilibrio entre os diferentes departamentos. O BNG, unha vez aberto o prazo de alegacións e mirado polo miúdo o documento, presentará as alegacións oportunas.

Arteixo aproba por unanimidade a moción do BNG sobre a promoción do autoconsumo eléctrico