Xurxo Couto e Raúl Fernández, os concelleiros do BNG de Arteixo na nova Corporación

foto-corporacion
Foto da corporación municipal de Arteixo
Xurxo Couto e Raúl Fernández, os concelleiros do BNG de Arteixo na nova Corporación

O pasado 15 de xuño de 2019 tivo lugar a sesión de investidura no Concello de Arteixo, onde a candidatura de Carlos Calvelo foi votada polos 12 edís do PP. O BNG de Arteixo votou en contra.

Nas pasadas eleccións municipais, o BNG de Arteixo obtivo dous concelleiros. Na lexislatura que comeza (2019-2023) os edís nacionalistas serán Xurxo Couto e Raúl Fernández.

Sobre Xurxo Couto

Licenciado en Historia, especialidade en Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como docente en Formación Ocupacional de Mestre Canteiro.

Como canteiro e arqueólogo, ten participado en proxectos de excavación, consolidación e limpeza do patrimonio. Por exemplo, Castro de Borneiro, Castro de Pantín, Mámoas de Dumbría, Pedra Formosa en Castro de Espasante, ou máis recentemente no Dolmen de Dombate e no Castro de Laxe así como no xacemento arqueolóxico de Pena Furada en Coirós.

Vinculado desde moi novo ao asociacionismo, é socio - fundador da Asociación Cultural Monte da Estrela, onde participou na organización de eventos (xornadas de patrimonio, concertos, charlas, camiñadas culturais) e edición de libros. Na actualidade, continúa traballando no eido da cultura, unha das súas paixóns.

Sobre Raúl Fernández

Enxeñeiro informático pola UCD, actualmente é coordinador e responsable TIC da Fegamp.

Sempre vinculado ao asociacionismo e á política, na actualidade continúa formando parte de diferentes comisións de expertos de análise local, universitario e tecnolóxico, así como tamén colabora en revistas sobre temas relacionados coa Administración Local e coas TIC.

Xurxo Couto e Raúl Fernández, os concelleiros do BNG de Arteixo na nova Corporación