O BNG solicita labores de limpeza en Sorrizo para garantir a seguridade da veciñanza

Solicitamos por rexistro a limpeza de cunetas en Sorrizo.
Solicitamos por rexistro a limpeza de cunetas en Sorrizo.
O BNG denuncia o abandono e falta de limpeza de certos lugares da parroquia de Sorrizo
O BNG solicita labores de limpeza en Sorrizo para garantir a seguridade da veciñanza

O BNG de Arteixo rexistrou onte, 8 de setembro, unha solicitude no Concello de Arteixo onde pide que se limpen as cunetas e beiras da estrada no lugar de Campo (Sorrizo).

No escrito, o BNG denuncia o abandono de certos lugares da parroquia de Sorrizo, como é o lugar de Campo. Esta situación supón un perigo para a circulación de vehículos. Polo tanto, esixe que se limpen as beiras da estrada e que se manteñan en boas condicións todos os camiños do rural do municipio, para evitar posibles accidentes, para rematar coa inseguridade e non poñer en risco a vida das veciñas e veciños do lugar que camiñen pola estrada.

O BNG solicita labores de limpeza en Sorrizo para garantir a seguridade da veciñanza