O BNG pregunta sobre o estado da Travesía da Groufa

Travesía da Groufa
Travesía da Groufa
Debido a unha rotonda que non se dá desenvolvido, desde a Travesía da Groufa ata a Travesía de Arteixo moitos son os coches que aparcan nas beirarrúas.
O BNG pregunta sobre o estado da Travesía da Groufa

Na actualidade, debido a unha rotonda que non se dá desenvolvido, desde a Travesía da Groufa ata a Travesía de Arteixo moitos son os coches que aparcan nas beirarrúas. Isto provoca que os nenos e nenas dos autobuses escolares, persoas maiores, cadeiras de rodas e carriños de bebés teñan que circular pola estrada nese tramo, co conseguinte perigo que isto supón para as persoas.

Ante a preocupación e malestar que nos fixeron chegar ao grupo municipal do BNG, preguntamos pola situación da Groufa no pleno do 28 de novembro. Preguntamos se o Concello ten previsto reordenar o tráfico e aumentar as prazas de aparcamento así como se hai proxecto para mellorar as beirarrúas da travesía da Groufa.

O Goberno comprometeuse a mellorar a estrada e habilitar aparcamento. Desde o BNG estaremos pendentes de que se cumpra coa execución destas obras para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

O BNG pregunta sobre o estado da Travesía da Groufa