O BNG levará a pleno a situación das Eiras en Meicende e o proxecto da fonte do Abade

O BNG demandará tamén no vindeiro pleno ordinario de Arteixo o estado do proxecto paralizado do traslado da fonte.
O BNG preguntará no pleno de agosto sobre o estado do proxecto paralizado do traslado da fonte do Abade.

Tamén preguntará sobre os cobros do recibo da auga e presentará un rogo sobre o bus das praias en Oseiro.

O BNG levará a pleno a situación das Eiras en Meicende e o proxecto da fonte do Abade

O BNG presentará dúas preguntas e dous rogos no vindeiro pleno ordinario de Arteixo que se celebrará este xoves 27 de agosto.

Nas Eiras, en Meicende, existe un grave problema co saneamento e saúde pública, que en todos estes anos non se lle deu solución. Cando chove, como foi o caso das chuvias deste agosto, algunhas vivendas son asolagadas pola auga, feito que empeorou ao comezar unhas obras na zona que non remataron. O BNG preguntará en pleno se o Concello ten previsto contestar aos escritos realizados polos veciños e enviar persoal técnico para facer un informe sobre a situación. Tamén preguntará se o Concello se fará responsable dos desperfectos das vivendas da veciñanza e se realizarán melloras e en que prazo para que o saneamento non anegue as vivendas.

O BNG preguntará en pleno sobre a calidade da auga e a chegada de recibos da auga por vía de apremio relativos ao último trimestre do ano 2018. No seu momento o Concello díxonos que era un problema informático pero, tendo en conta a situación actual, este non está solucionado. Por iso, volvemos  a preguntar sobre o tema para coñecer que acontece en realidade. Así mesmo, queremos saber cal é o número de cartas que se está enviando pola vía de apremio desde 2018 ata o 2º trimestre de 2019, se realmente os recibos son impagos e por que non se comunicou o problema aos fogares. O BNG tamén preguntará cal é o importe total do recargo dos recibos. Finalmente, tamén demandará os motivos da pésima calidade da auga en moitos domicilios de Arteixo e se hai unha empresa externa que revise os contadores do cobro.  

Rogos de agosto referentes a Oseiro

No pleno de agosto, o BNG pregará que se informe sobre o estado do proxecto do traslado da fonte do Abade. En 2018, unha empresa cedíalle uns terreos para albergar a fonte e o Concello asinaba un convenio (saíu publicado no DOG). Preguntaremos por que non se levou a cabo aínda a obra e se o Concello ten intención real de levala a cabo. A fonte é todo un símbolo para a veciñanza de Oseiro polo seu papel protagonista na “revolta da auga”.

O outro dos rogos que o BNG presentará tamén afecta a Oseiro, onde os núcleos de SolyMar e Oseiro non contan con servizo de bus ás praias. Así, pregamos que se revisen os trazados das liñas para non deixar estes lugares excluídos de cara ao futuro e toda a veciñanza de Arteixo teña acceso ao servizo.

O BNG levará a pleno a situación das Eiras en Meicende e o proxecto da fonte do Abade