O BNG de Arteixo solicitará un informe xurídico sobre o dereito de reversión e retasación que puideran ter as familias expropiadas no Polígono de Sabón.

poligono_sabon
Vista do polígono de Sabón.
O pasado 28 de outubro de 2019 o BNG de Arteixo presentou diversas alegacións á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Arteixo no ámbito do Polígono Industrial de Sabón.
O BNG de Arteixo solicitará un informe xurídico sobre o dereito de reversión e retasación que puideran ter as familias expropiadas no Polígono de Sabón.

O pasado 28 de outubro de 2019 o BNG de Arteixo presentou diversas alegacións á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Arteixo no ámbito do Polígono Industrial de Sabón.

As ditas alegacións están dispoñibles para descargar nesta ligazón.

O Concello de Arteixo pretende aprobar unha modificación puntual do Polígono Industrial de Sabón dando novos usos que incrementan o valor das parcelas. Neste sentido, o BNG anima ás familias expropiadas a que se asesoren sobre esta modificación así como sobre as que se foron facendo durantes estes anos (por exemplo, antiga parcela da Schweppes).

O BNG de Arteixo solicitará un informe xurídico sobre o dereito de reversión e retasación que puideran ter as familias expropiadas.

A lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa recoñece no artigo 55 estes dereitos para determinados casos. O artigo 55.2 di "Por excepción, se o ben ou dereito expropiado tivera experimentado cambios na súa calificación xurídica que condicionaran o seu valor ou tiveran incorporado melloras aproveitables polo titular daquel dereito ou sufrido menoscabo de valor, procederase a unha nova valoración do mesmo, referida á data do exercicio do dereito, fixada con arranxo ás normas contidas no capítulo III do Título II desta Lei".

 

 

 

 

O BNG de Arteixo solicitará un informe xurídico sobre o dereito de reversión e retasación que puideran ter as familias expropiadas no Polígono de Sabón.