O BNG demanda información ao Concello de Arteixo polo cobro con recargo de recibos da auga

O BNG pide explicación ao goberno do PP polos recargos nos recibos da auga.
O BNG pide explicación ao goberno do PP polos recargos nos recibos da auga.

Están chegando a moitos domicilios recibos de 2018 e 2019 con recargo por supostos impagos dos que o goberno local non informou

O BNG demanda información ao Concello de Arteixo polo cobro con recargo de recibos da auga

O BNG de Arteixo demanda información ao Concello de Arteixo polo cobro de recibos da auga dos anos 2018 e 2019 con recargo por supostos impagos.

Nos últimos días moitos veciños e veciñas de Arteixo, que en moitos casos teñen os recibos domiciliados na súa conta bancaria, están a recibir notificacións de providencia con recargos de recibos do último trimestre de 2018 e tamén de 2019 e, nalgús casos, curiosamente en trimestres alternos.

Desde o BNG lembran que xa en xuño do ano 2018 se interesou por esta situación dos recibos da auga e naquel momento o goberno local explicou que era por mor duns cambios na aplicación informática e que se iría regularizando todo no mes de xullo. Mais iso non ocorreu e seguíronse retrasando os trimestres sen dar ningunha explicación ás usuarias e usuarios. No mes de xaneiro de 2019 volvemos preguntar por esta cuestión na sesión plenaria pero a día de hoxe todos os trimestres do padrón se están a publicar con meses de retraso. De feito, no que vai de 2020 non se pasou nin o primeiro trimestre e aínda se acaba de publicar en xuño o último trimestre de 2019.

O BNG vai solicitar os padróns da auga deses trimestres para comprobar as domiciliacións e a recadación de todos estes trimestres. Tamén pedirá que se aclaren publicamente  os problemas houbo e hai e como é posíbel que os seus erros os teñan que pagar as veciñas e veciños de Arteixo.

En Arteixo existe un absoluto descontrol coa facturación da auga e saneamento, ao que hai que sumare as habituais queixas pola mala calidade da auga en diversos puntos do municipio.

 

O BNG demanda información ao Concello de Arteixo polo cobro con recargo de recibos da auga