O PP rexeita as propostas do BNG de Arteixo para o orzamento municipal de 2021

O BNG lamenta que os orzamentos de 2021 sexan continuístas e que non inclúan partidas para paliar a crise que estamos a vivir.
O BNG lamenta que os orzamentos de 2021 sexan continuístas e que non inclúan partidas para paliar a crise que estamos a vivir.
O BNG foi o único partido que presentou unha alternativa ao orzamento do goberno municipal.
O PP rexeita as propostas do BNG de Arteixo para o orzamento municipal de 2021

O BNG abstívose na votación do orzamento de Arteixo para 2021 posto que se trataba dun documento que non tiña en conta a situación de crise debida á covid-19 e, polo tanto, sen medidas concretas para paliar a situación de emerxencia social e laboral.

O BNG de Arteixo foi o único partido que presentou unha alternativa ao orzamento do PP. Os nacionalistas propuxeron diferentes medidas como a creación dun plan de emprego que reúna persoal técnico de emprego, empresariado e axentes sociais para estudar a actividade económica no Concello; o desenvolvemento do Plan Xeral, que reorganice o noso territorio; ou a promoción turística de Artexio, que dea a coñecer o noso importante patrimonio cultural e natural.

Así mesmo, o BNG pediulle ao goberno que execute o total de investimentos e obras que eles mesmos propuxeron. A experiencia e os datos demostran que, do que o goberno do PP di que vai facer, só chegan a facerse o 28% das obras.

Os Servizos Sociais, nun ano de pandemia, son fundamentais para minimizar os efectos que poida ter na poboación. Neste sentido, o BNG propuxo un convenio co Colexio de Psicólogos de Galicia, como xa fixeron outras administración, e tamén un reforzo en canto ao persoal deste departamento para poder atender como se merece a nosa veciñanza. Doutra parte, para loitar contra a violencia de xénero, tamén se pediu incorporar ao CIM de Arteixo especialistas que aborden esta lacra social, acentuada nesta crise.

O BNG de Arteixo completou as propostas con medidas para a promoción cultural, a participación cidadá ou o medio natural. Podes consultalas todas nesta noticia.

Os orzamentos que quere o BNG de Arteixo para este 2021 (e vindeiros anos), están centrados na xente, nos arteixáns e arteixás que todos os días crean riqueza no noso concello. En cambio, o PP rexeita estas medidas e propostas que só suman e mellorarían a calidade de vida en Arteixo.

O PP rexeita as propostas do BNG de Arteixo para o orzamento municipal de 2021