A corporación de Arteixo apoia a moción do BNG para derrogar a Lei Montoro

A moción do BNG sobre a derrogación da Lei Montoro foi aprobada por unanimidade
A moción do BNG sobre a derrogación da Lei Montoro foi aprobada por unanimidade
Todos os grupos apoiaron a moción sobre a derrogación da Lei Montoro debatida no pleno de maio.
A corporación de Arteixo apoia a moción do BNG para derrogar a Lei Montoro

O BNG de Arteixo levou ao pleno ordinario do pasado 28 de maio unha moción sobre a derrogación da Lei Montoro para garantir a autonomía local e unha mellor xestión dos recursos públicos. Todos os grupos apoiaron a moción dos nacionalistas. O goberno do PP levou unha moción sobre o tema pero, ademais dunha redacción con intereses políticos, consideraba como interlocutor a FEMP e non a FEGAMP, sendo este para o BNG o interlocutor válido para ter en conta os intereses dos concellos galegos. Por este motivo, o BNG abstívose na moción dos populares.

O BNG tamén presentou unha moción para a elaboración dun plan galego de reactivación económica. Nela, instábase á Xunta de Galicia a elaborar un plan de axudas que complementasen as do Estado e fose consensuado con todas as administracións así como forzas políticas e axentes sociais. Esta moción saíu adiante coa abstención do PP.

O BNG emitiu un rogo para solicitar a limpeza e reparación das instalacións e mobiliario urbano de Arteixo, coincidindo co uso feito pola veciñanza de paseos marítimos e fluviais nesta desescalada cara á nova normalidade. O obxectivo é a maior seguridade das persoas.

No pleno de maio tamén se aprobou a solicitude da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade para o apoio do Manifesto para a Cooperación contra a COVID-19, comprometéndonos así co desenvolvemento dos países máis desfavorecidos para erradicar a pandemia.

O BNG fixo institucional a declaración en defensa dos postos de traballo de ALU IBÉRICA (Alcoa A Coruña), instando á Xunta de Galicia a actuar no marco das súas competencias en materia de industria e ao Goberno central para garantir o futuro da empresa e do mantemento do emprego.

Visibilidade do galego

Finalmente, e coincidindo coa celebración o pasado 17 de maio das Letras Galegas, o BNG preguntou se o Concello de Arteixo dispoñía do dominio arteixo.gal. A resposta foi si, polo que pediremos por rexistro que todos os correos electrónicos e páxina web pasen a ter o dominio .gal.

A corporación de Arteixo apoia a moción do BNG para derrogar a Lei Montoro