O BNG mantén dous concelleiros en Arteixo

BNGArteixo-candidatura2019
Candidatura do BNG de Arteixo nas municipais 2019
O BNG mantén dous concelleiros en Arteixo

Tralas eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019, o BNG de Arteixo obtivo un total de 1.398 votos (9'69%). Un apoio que fai que os nacionalistas manteñamos dous concelleiros na corporación municipal.

Desde o BNG de Arteixo queremos dar as grazas a todas e todos os que confiastes na nosa forza política nestas municipais. Tamén a toda a militancia que traballou durante toda a campaña, con forza e ilusión.

Seguiremos traballando desde a oposición para darvos voz, para defender un Arteixo máis xusto, un Arteixo para as persoas, coa convicción de que un Concello mellor é posible.

Eleccións europeas

Nas eleccións europeas celebradas tamén este pasado domingo, o BNG conseguiu o apoio de 1.409 votos en Arteixo, sendo a terceira opción máis votada. Na Galiza, o BNG dobrou apoios e Ana Miranda seguirá levando a nosa voz e defendendo os nosos intereses en Europa.

O BNG mantén dous concelleiros en Arteixo