O BNG de Arteixo reformulará o modelo de xestión do lixo pensando nas persoas e no medio

ARTEIXO-VERDE
Un Arteixo verde
O BNG de Arteixo reformulará o modelo de xestión do lixo pensando nas persoas e no medio

Dentro do apartado "Un Arteixo verde" inclúense medidas de protección do medio ambiente, apóstase por un novo modelo de xestión do lixo e polo fomento do aforro enerxético.

Protección do ambiente

  • Desenvolverase un estudo para a recuperación e rexeneración da costa e dos nosos sistemas dunares.
  • Farase unha posta en valor acompañada dunha potenciación, protección e promoción das zonas húmidas do concello e dos regatos fluviais (encoro de Sabón, Fervenza no Moucho, Humidal de Barrañán-Sisalde, encoro de Meicende...).
  • Elaborarase un mapa de contaminación do Concello e medidas de actuación para os vindeiros 8 anos (ruídos, especies invasoras…).
  •  Apostaremos na recuperación e rexeneración da canteira de Barrañán. O espazo poderá dedicarse a infraestruturas culturais e deportivas.
  • Pontenciaremos edificios e instalacións municipais sostíbeis.

Xestión do lixo

  • Acometerase unha reformulación de modelo no sistema de recollida e tratamento do lixo e residuos.
  • Estenderase o sistema de reciclaxe ao rural e fecharase o ciclo tamén cos espazos públicos.
  • Traballarase nunha xestión de residuos especiais (grandes produtores, plástico, industriais etc.).
  • Colocaranse composteiros comunitarios tanto nos espazos rurais como urbanos que permitan unha redución do lixo, o que facilitará un aforro na factura, producir fertilizantes sen compoñentes químicos, mellorar a saúde da terra e aprimorar o sistema de reciclaxe.
  • Crearase unha rede de mestres composteiros e composteiras que ensinarán e vixiarán que se faga correctamente.
  • Promoveranse programas participativos de educación ambiental e sensibilización social.

Axudas e aforro enerxético

  • Crearanse liñas de axudas para medidas de aforro enerxético e instalaranse placas solares en edificios e casas de vivenda habitual. Aplicarase unha bonificación de 50% nos impostos municipais para pequenas empresas e autó[email protected]
  • Haberá puntos de recarga para vehículos eléctricos.

Pódese descargar o programa electoral do BNG de Arteixo para as vindeiras eleccións do 26 de maio nesta ligazón.

 

 

O BNG de Arteixo reformulará o modelo de xestión do lixo pensando nas persoas e no medio