O BNG de Arteixo critica a falta de responsabilidade e respecto do goberno central co concello nos orzamentos do Estado para 2021

O noso municipio e a nosa veciñanza sofren medioambientalmente a diario as infraestruturas do Estado sen que este invista para que o Porto Exterior reverta economicamente  no concello e na comarca.
O noso municipio e a nosa veciñanza sofren medioambientalmente a diario as infraestruturas do Estado sen que este invista para que o Porto Exterior reverta economicamente no concello e na comarca.

As emendas do BNG aos orzamentos xerais do Estado demandaban un investimento no municipio de 15 millóns de euros

O BNG de Arteixo critica a falta de responsabilidade e respecto do goberno central co concello nos orzamentos do Estado para 2021

O BNG de Arteixo lamenta a falta de investimento en Arteixo nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021. Un feito que o BNG ve como unha falta de responsabilidade e de respecto do goberno central co noso Concello. O grupo municipal tiña esperanza de que as negociacións trouxesen as melloras necesarias para o municipio, pois todos os partidos políticos da corporación local crían na necesidade das propostas que o BNG de Arteixo fixo chegar ao deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, para a súa negociación.

En cambio, o Goberno central xa non quixo negociar. O BNG reclamaba 5 millóns de euros para a conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña, unha obra imprescindible para operativizar a infraestrutura portuaria e asegurar a súa futura conexión co corredor atlántico de mercadorías. Esta actuación figura cunha ridícula dotación de 100.000 euros mentres que o porto de Castellón conta con 140.000.000 de euros. Xunto coa conexión ferroviaria ao Porto Exterior, eran necesarias outras infraestruturas viarias, mais de novo o orzamento para Arteixo será cero. De novo, os orzamentos do Estado minoran o investimento en Galiza.

Estes 5 millóns formaban parte dunha demanda de investimento global en Arteixo por valor de 15.400.000 euros. Así, ademais das conexións ferroviarias co porto exterior, entre as propostas do BNG que beneficiaban ao municipio de Arteixo estaban a realización dos estudos da 4ª ronda (100.000 euros), a reclamación dos achados no castro de punta de Muros (300.000 euros) e o 1,5% cultural do porto exterior de punta Langosteira (10.000.000 euros).

O BNG de Arteixo lamenta falta de compromiso coas necesidades da sociedade arteixá e galega en xeral, pois os nacionalistas presentamos emendas con medidas para a mellora e o progreso de Arteixo e Galiza en 3 eixos: infraestruturas, políticas sociais e medio ambiente.

O BNG de Arteixo critica a falta de responsabilidade e respecto do goberno central co concello nos orzamentos do Estado para 2021