O BNG abstívose na votación do convenio con Emalcsa debido ao posible impacto na veciñanza

O BNG abstívose na votación do convenio.
Tivéronse en conta as reticencias de Secretaría e Intervención con respecto á posibilidade de repercutir o custo da obra na veciñanza ou de hipotecar futuros orzamentos municipais.
O BNG abstívose na votación do convenio con Emalcsa debido ao posible impacto na veciñanza

O BNG de Arteixo abstívose na votación do convenio do Concello de Arteixo con Emalcsa no pleno extraordinario celebrado esta mañá e no que se aprobou o dito convenio.

Desde o BNG cremos importante prover a longo prazo dun servizo como o abastecemento da auga en Arteixo, municipio que vai medrar demograficamente grazas ao impulso do polígono industrial, o porto exterior e as industrias xa existentes.

Non obstante, o motivo da abstención é dobre. Dunha banda, botamos en falta un estudo máis exhaustivo do crecemento demográfico do concello, incluíndo as necesidades habitacionais e de servizos. Doutra banda, o informe conxunto da Secretaría e Intervención fainos mirar con reticencias, as mesmas que estes departamentos mostran, diversas conclusións.

O informe advirte, por exemplo, que cabe a posibilidade de que a recuperación do custo da obra (recollido na lexislación europea e a lexislación interna) obrigue a un reaxuste da tarifa ao usuario final, debendo revisarse a taxa municipal de abastecemento.

O mesmo informe comunica que o Concello de Arteixo financiará, a fondo perdido e sen contraprestación algunha, unha obra con titularidade da empresa pública Emalcsa e que formará parte do seu inmobilizado. Así, as liquidacións que esta xirara contra o Concello de Arteixo en forma de canon financiará ou subvencionará o 100% do importe global das súas obras.

Os datos que achega o goberno do PP son estimacións e previsións en canto a consumos. O informe sinala que, de non cumprirse, os orzamentos do Concello nun futuro poderán verse “hipotecados” no referente a algún “destino orzamentario”.

O BNG abstívose na votación do convenio con Emalcsa debido ao posible impacto na veciñanza